free website hit counter

Ciencia que Conta


WEB DE LA SEMANA. 27 octubre-2 noviembre 2011

Concurso de relatos curtos sobre ciencia


 

Ciencia que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia.  A convocatoria vai dirixida ao alunado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral.

A 4ª edición certame remata o 10 de novembro de 2011. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade —nomeadamente a galega— e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:

  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida.
  • Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.

Na web do concurso podes atopar:

  • Bases do concurso: condicións para participar nas 4 categorías:
    a) Educación Primaria
    b) Educación Secundaria Obrigatoria
    c) Bacharelato e Ciclos de FP
    d) Público en xeral.
  • Libro «Ciencia que conta 2010»: unha recopilación dos traballos finalistas, que podes descargar en formato PDF.
  • Lectura dramatizada: descarga as dramatizacións dos relatos gañadores no 2010, realizadas polo programa “Efervesciencia” da Radio Galega.

O concurso «Ciencia que Conta» está organizado desde a Universidade de Vigo, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Etiquetas: , ,

Sin comentarios.

Deja una respuesta