free website hit counter

Álbum da ciencia


WEB DA SEMANA. 1-7 noviembre 2012

Coñece aos protagonistas da Historia da Ciencia en Galicia

O Álbum da ciencia vén de superar as 100 biografías de científicos vinculados con Galicia, consolidando unha iniciativa que pretende contibuir a incorporar a ciencia ao patrimonio cultural galego.

Esta web promovida polo Consello da Cultura Galega constitúe un panteón virtual no que se pode consultar a vida e obra dos científicos galegos máis sobranceiros. As biografías están elaboradas por un equipo de especialistas en historia da ciencia, que tomaron como punto de partida o “Diccionario histórico de científicos galegos” (1993).

Revisados os textos, actualizados con novos datos e incorporados científicos da posguerra, o Álbum da ciencia constitue un esforzo por que a cidadanía acade un maior coñecimento dos científicos galegos, aos que moitas veces só relacionamos con nomes de rúas ou institutos das nosas vilas (Durán Loriga, Ramón de la Sagra ou Parga Pondal).

As detalladas biografías, que inclúen referencias bibliográficas, pódense buscar por orde alfabética ou por disciplina científica, cubrindo multitude de campos da ciencia e da técnica, desde matemáticas e astronomía ata viticultura ou hidroloxía.

Este proxecto do Consello da Cultura Galega segue a medrar e ten como obxectivo final ofrecer aos usuarios un total dunhas 300 entradas online, unha parte substancial do I+D histórico do país, e manter actualizada esta información de valor para públicos diversos.

Etiquetas: , ,

Sin comentarios.

Deja una respuesta