free website hit counter

APOD galego


WEB DA SEMANA. 28 febreiro – 6 marzo 2013

Versión galega da “Astronomy Picture Of the Day” da NASA

APOD galego é a tradución galega da páxina da NASA Astronomy Picture Of the Day (APOD). A NASA e a Michigan Technological University (MTU) publican desde 1995 unha imaxen astronómica diaria, acompañada dunha pequena explicación escrita por un astrónomo profesional.

Os editores Robert Nemiroff y Jerry Bonnell son os artífices da web, que non só publica fotografías de actualidade ou de telescopios profesionais. Cada vez son máis os autores, entre eles españois, que ven as súas instantáneas publicadas na APOD.

As fotografías da APOD son a pantalla de inicio dos ordenadores de miles de persoas en todo o mundo, desde astrónomos ata mestres interesadas polo universo. APOD convertiuse, ademais, nun xeito de premio para astrónomos afeccionados que ven refrendeda a calidade dos seus traballos cando APOD publica algunha da súas imaxes.

APOD galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo onde os astrónomos afeccionados galegos comparten coñecementos.

Etiquetas: , ,

Sin comentarios.

Deja una respuesta