Museos Científicos Coruñeses é un servizo do Concello da Coruña que comprende tres museos de ciencia interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. O seu obxectivo é ofrecerlle á cidadanía estímulos e recursos para incorporar a ciencia á súa cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos.
As súas numerosas actividades inclúen exposicións, talleres, cursos, conferencias, publicacións e eventos singulares. Ademais, cada ano convocan os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.
Dende o 21/03/2024 ata o 23/03/2024
Terá sesións teóricas e prácticas, unha inmersión e unha visita ao Aquarium Finisterrae
Dende o 23/03/2024 ata o 24/03/2024
Con reserva previa de entradas, desde o 20 de marzo, nesta ligazón
Terá lugar a fin de semana do 23 e 24 de marzo
Os días 06/04/2024, 27/04/2024, 25/05/2024, 29/06/2024
Dúas sesións gratis de planetario todos os últimos sábados de mes (agás marzo, sesión que se traslada ao 6 de abril)
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
19 de xaneiro de 2024
A mostra está formada por pezas artísticas realizadas a partir de residuos recollidos do mar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible