Visitas escolares Curso 2017-18

Algunha vez soñaches con levar a clase de ciencias ao recreo?
Ven aos Museos Científicos Coruñeses. Consulta os horarios
Destacados do curso 2017-2018:

Experimenta e investiga na Casa das Ciencias: podemos sincronizar dúas randeeiras?, é posible facer levitar un pelota?

Descobre estrelas e constelacións nun espazo máxico: o Planetario.

Este curso:

"Nas ás da noite": unha impactante produción sobre as migracións das aves e a súa relación coa astronomía.

"A astronomía como cha contan": nova exposición dedicada a como aprender astronomía e exploración espacial a través dos medios.



EXPERIMENTOS DE FÍSICA :: Prohibido non tocar
Na primeira planta da Casa das Ciencias podes facer pequenas investigacións, observando e buscando respostas.


PURO SWING :: Unha exposición de péndulos
Descobre o segredo do botafumeiro ou mira como a gravidade fai debuxos xeométricos.

Coñécete a ti mesmo e a túa especie na Domus. Descobre que nos fai humanos e desfruta do cine en 3D. Unha viaxe pola xenética, a evolución humana, os sentidos, a locomoción... con seccións dedicadas á mente e á medicina xenómica.

Este curso:

"maker@domus": espazo na Domus para comezar a "pensar coas mans".

"Pequenos xigantes": película en 3D que transporta a un mundo no que experimentar a batalla diaria destas diminutas criaturas.




XOGO DE NEURONAS :: Exercita a túa mente
Espazo sobre a intelixencia humana, na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro


LABORATORIO ABERTO :: Un lugar onde o científico es ti
Actividades de experimentación, para grupos de 6 a 18 anos.

A Casa dos Peixes é un centro de educación medioambiental no que podes aprender moito sobre a fauna e a flora dos mares, pero tamén sobre a dinámica de mareas ou o equilibrio de ecosistemas litorais.

Este curso:

"Muuultiplicádevos": exposición sobre acuicultura, onde se abordan cuestións sobre as especies usadas en cultivos mariños.

"Fotógrafos da Natureza": as mellores imáxenes da natureza do 2017 na sala Isabel Castelo.



OCEANOSFERA :: Fenómenos globais, efectos locais
Pantalla esférica: mira o impacto do cambio climático nos oceános, as correntes ou as migracións dos animais mariños.


SALA NAUTILUS :: Alimentación de tiburóns
Os luns, mércores e venres ás 11:30, o público pode ver como se da de comer aos peixes do Nautilus.


© 2018, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións