Visitas escolares Curso 2011-2012

volver a mc2coruna.org

Algunha vez soñaches con levar a clase de ciencia ao recreo?
Vén aos Museos Científicos Coruñeses. Consulta os novos horarios

Destacados do curso 2011-2012:



PLANETARIO DIXITAL :: Novo programa
Noite estrelada no museo (Secundaria e Bacharalato)


EXPLORATORIUM :: A ciencia máis divertida
A renovada primeira planta ten experiencias relacionadas coa luz, o movemento, o magnetismo, a percepción ou a calor.


PALABRAS DA CIENCIA :: Actualidade científica
Renovación completa: Novos elementos para interpretar a ciencia que aparece nos medios de comunicación.


O ASOMBRO DE MR. DARWIN :: Sorpresa e descubrimento
Unha exposición interactiva para celebrar os 150 anos da publicación de "A orixe das especies", de Charles Darwin.


CINE 3D :: Nova programación
Sinte a fraxilidade da natureza en "SOS Planet" e viaxa a África con "Wild Safari"


EUREKA! :: Creatividade e ciencia
Unha exposición para agudizar a túa creatividade e coñecer as boas ideas que se converteron en grandes logros da ciencia.


COMO SE DESENVOLVEN OS FARMACOS? :: Obradoiro
Unha achega á investigación de novos medicamentos, dentro do proxecto europeu Xplore Health (de 15 a 18 anos).


ZONA-i :: Acción + Reflexión
Novo espazo para xogar, recibir información selecta e realizar actividades relacionadas coa actualidade científica.


OCEANOSFERA :: Fenómenos globais, efectos locais
Nova pantalla esférica: mira o impacto do cambio climático nos oceános, as correntes ou as migracións de animais mariños.


CHARCA DAS CARICIAS :: Nova versión
Agora podedes tocar seres vivos, ver vídeos e facer experimentos de bioloxía mariña, guiados polos educadores do acuario.


© Museos Científicos Coruñeses, 2011 | Comentarios e suxestións