Mail RSS
  • GALEGO
  • ESPAÑOL
  •           
  • INICIO
  • |
  • sobre mc2
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  •     



    Séguenos en:
    Facebook | participa
    Twitter | avisos
    YouTube | vídeos
    Flickr | fotos
    Podcast | charlas
    Webcams | 24h


    Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias
      Faite amigo!

    Gastón

    :· TIBURÓN TOURO

    >> Aquarium Finisterrae
    Especie:
    Carcharias taurus
    Hábitat: todos os mares mornos
    Profundidad: ata 200 m
    Talle máximo: 3.2 m
    Peso máximo: 159 kg
    Xestación: 8-9 meses, ovovivípara

    O grande depredador do Nautilus


    Desde o 24 de maio de 2006 o oceanario do Nautilus do Aquarium Finisterrae ten un novo e espectacular inquilino: Gastón, un tiburón touro (Carcharias taurus) de 3 metros de lonxitude e 100 quilos de peso, procedente do Océanopolis de Brest (Francia). Tras 3 meses na sala de cuarentena, adaptándose á temperatura e calidade da auga galega, xa está no Nautilus e fai compañía a Hermosa, a pequena “tiburona” touro que vive aquí desde hai anos.


    :· VÍDEO

    Gastón chega ao Nautilus
    (6.5 MB, vídeo MPEG-4)
    Preparado para iPod e PSP

    © Cesar Quián, imaxe cedida por La Voz de Galicia


    Aínda que vén de Brest, Gastón non é bretón, senón sudafricano. Naceu en 1996 fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Cando tiña 3 anos foi capturado e trasladado a Oceanópolis, onde viviu con outros exemplares do seu mesma especie, tamaño e peso. Pero chegou un momento en que a convivencia entre os tiburóns volveuse moi tensa e Gastón foi enviado cara a augas máis tranquilas: así chegou ao Aquarium Finisterrae.


    Os tiburóns touro son depredadores voraces que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos.

    • Practican o canibalismo intrauterino: son ovovivíparos (as femias paren ás súas crías xa formadas) e os pequenos tiburóns touro devoran aos seus propios irmáns cando aínda están no ventre materno.
    • Son os únicos tiburóns que saen á superficie para tomar aire. Gárdano no estómago para manter a súa flotabilidade e non afundirse ata o fondo.
    • Viven preto da costa e cazan en grupo, sobre todo cara ao crepúsculo.


    • A Fantasía de Xulio Verne, feita realidade



    :· PARA SABER MÁIS:

    Tiburón | Wikipedia
    Completo artículo sobre os tiburóns.

    Tiburón touro | Fishbase.org
    Ficha técnica da especie á que pertenece Gastón.
    Sand tiger shark | Arkive.org
    Imaxes e vídeos de tiburóns touro.




    © 2015, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións