CONCURSO DE VÍDEO
"A ciencia na miña vida"
Coñece os gañadores
Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro?
Os participantes responderon a esta pregunta con microdocumentais de menos de 3 minutos, rodados con sinxelos medios audiovisuais. Os gañadores recibirán unha cámara de vídeo e unha viaxe a Bruxelas, onde competirán cos seleccionados no resto de países europeos participantes neste concurso.
Consulta as bases da convocatoria
Concellos, museos científicos, universidades e empresas de toda a Unión Europea compartirán experiencias e coñecementos co obxectivo de explorar novas formas de mellorar a implicación do público coa ciencia.As cidades xogan un papel cada vez máis importante no desenvolvemento da sociedade do coñecemento. En particular, constitúen un dos ámbitos preferentes nos que se interrelacionan os tres axentes que forman a denominada "tripla hélice" (centros de investigación, empresas e administración). Non obstante, en Europa existe unha preocupación crecente pola dificultade de implicar ao público, no seu sentido máis amplo, na conformación desta nova economía do coñecemento.
Os socios do proxecto CASC conseguiron o apoio da Comisión Europea a través da convocatoria do 7º Programa Marco de I+D para desenvolver ao longo de 22 meses novas fórmulas para incrementar a comprensión e participación do público nos asuntos científicos.
O proxecto ten catro obxectivos principais:
© Museos Científicos Coruñeses, 2011 | Comentarios e suxestións