O Premio ten duas modalidades. Se queres participar, o primeiro paso é coñecer a modalidade máis axeitada ao teu interese; logo pensar nunha pregunta á que queiras dar resposta e que teña relación con feitos ou procesos do noso ámbito máis inmediato e da vida cotiá.

Para inscribir estas preguntas no Premio, os participantes deberán encher todos os apartados do boletín de inscrición e entregalo antes do 12 de xaneiro do 2018 en:

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarida, s/n
15005 A Coruña

Se o prefires, podes enviar o boletín de inscrición asinado por correo-e (premioluisfreire@casaciencias.org) ou fax (981 189 847).

Os admitidos poderán comezar as súas investigacións e traballos ao recibir a confirmación de inscrición.

Bases da XIX convocatoria (PDF: 688KB)




AXUDA
Dúbidas e consultas en: premioluisfreire@casaciencias.org





© 2017, Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) | Comentarios e suxestións