Prismas Casa das Ciencias
á Divulgación 2016

www.mc2coruna.org/prismas/

Composición do Xurado:
Presidenta: Juan Ignacio Pérez, director da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU (Bilbao).

Composto ademais por:
- Nieves Gordón, responsable do Departamento de Comunicación e Marketing do Planetario de Pamplona, Área de Producción e Ventas. Xornalista.
- José Miguel Mulet Salort, profesor de biotecnoloxía da Universidad Politécnica de Valencia. Autor dun libro gañador dun Prisma Casa das Ciencias.
- Elena Lázaro Real, coordinadora técnica da Unidad de Cultura Científica y de la Innovación da Universidad de Córdoba. Xornalista.
- Luis Martínez Otero, neurocientífico especializado en percepción e investigador do CSIC no Instituto de Neurociencias de Alicante.
- Clara Grima, profesora da área de Matemática Aplicada da Universidad de Sevilla. Gañadora dun Prisma Casa das Ciencias.

Ángel Loureiro Pereiro, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, actuou como Secretario.

RELACIÓN DE PREMIOS OUTORGADOS

* Modalidade de traballos en vídeo
O Prisma de Bronce ao mellor traballo en vídeo destinado á divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para o titulado “Soy esa bacteria que vive en tu intestino” de Julio Ruiz Monteagudo. Destácase a orixinalidade, a utilización do humor como recurso de divulgación e a súa accesibilidade.

* Modalidade de sitios web
O Prisma de Bronce ao mellor sitio web de divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para “Principia”, de Enrique Royuela, Cristina Escandón e Javier Díaz-Romeral. Destácase o rigor dos contidos, a orixinalidade e atractivo do deseño e a súa importante presenza nas redes sociais.

* Modalidade de textos orixinales e inéditos
O Prisma de Bronce ao mellor texto inédito, e o premio dotado con catro mil euros,“Fractales y caos. La aventura de la complejidad” de Vicent J Martínez, Fernando J Ballesteros e Silvestre Paredes. Destácase a orixinalidade no tratamento dos temas, a súa aplicación aos distintos aspectos da complexidade da natureza e o rigor do seu contido.

* Modalidade de libros editados
O Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2015 foi ao titulado “Orígenes. El Universo, la vida, los humanos” de Carlos Briones, Alberto Fernández Soto e Jose Mª Bermúdez de Castro, editado por Editorial Crítica do Grupo Planeta. Saliéntase o rigor do seu contido e o fío conductor dos capítulos, achegando ao lector coñecemento científico multidisciplinar de forma homoxénea, así como a calidade da edición.

* Modalidade de artigos xornalísticos
O Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2015, e o premio dotado con catro mil euros, foi para o titulado “El funcionamiento de la anestesia continúa siendo un misterio” de Jesús Mendez Gonzalez, publicado na Agencia Sinc. Destácase o enfoque novo do tema incidindo nos aspectos descoñecidos, así como a súa calidade xornalística.

* Modalidade de traballos en radio
O Prisma de Bronce ao mellor traballo en radio de divulgación científica emitido durante o ano 2015, e o premio dotado con catro mil euros, foi ao titulado “Manipulación de la memoria” de Susana Escudero Martín e Emilio J. García Gómez-Caro, emitido en “Radio Andalucía Información” no programa Radioscopio. Destácase o atractivo do formato, o contido riguroso e multidisciplinar e o ritmo do programa.

Otorgouse unha mención honorífica ao traballo:
- “Radio o lo que sea, entrevista a Alessandro Griffini” de Radio Roncalli da Fundación Juan XXIII, presentado por Almudena Pérez Pedrayo e emitido en Efe Radio. Resaltase a súa dimensión social e implicación coa divulgación científica.

* Premio Especial do Xurado
Concedeuse o Prisma Especial do Xurado, e o premio dotado con catro mil euros, a Revista Astronomía. Destácase a traxectoria desta publicación de referencia así como a súa adaptación aos novos contextos comunicativos, sabendo manter o interese do público durante as últimas tres décadas.