Prismas Casa das Ciencias
á Divulgación 2017

www.mc2coruna.org/prismas/

Composición do Xurado:
Presidenta: Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela.

Composto ademais por:
- Carolina Moreno Castro, catedrática de xornalismo da Universidad de Valencia.
- Manuel F. Herrador Barrios, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña.
- Carmen Serrano González, xornalista, directora de Comunicaciones Mil e organizadora das Jornadas de Divulgación Innovadora D+i.
- José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Illas Atlánticas.
- Erika López Palma, xornalista, responsable de comunicación da delegación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Andalucía e do Museo Casa de la Ciencia de Sevilla.

Leopoldo García Sobrado, coordinador do certame, actuou como Secretario.

RELACIÓN DE PREMIOS OUTORGADOS

* Modalidade de traballos en vídeo
O Prisma de Bronce ao mellor traballo en vídeo destinado á divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para o titulado “¡Qué animal! Parque natural de las fragas do Eume” de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido en La 2 de TVE.

Otorgouse unha mención honorífica ao traballo:
- “Mareas rojas” de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

* Modalidade de sitios web
O Prisma de Bronce ao mellor sitio web de divulgación científica, e o premio dotado con catro mil euros, foi para Ciencia de sofá, de Jordi Pereyra Marí.

* Modalidade de textos orixinales e inéditos
O Prisma de Bronce ao mellor texto inédito, e o premio dotado con catro mil euros,“¡Hay una mujer en mi experimento! Un viaje con las grandes científicas de la historia” de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar.

* Modalidade de libros editados
O Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2016 foi ao titulado “Todo es cuestión de química” de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós.

* Modalidade de artigos xornalísticos
O Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2016, e o premio dotado con catro mil euros, foi para o titulado “Como diseñar ADN en el garaje” de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya.

* Modalidade de traballos en radio
O Prisma de Bronce ao mellor traballo en radio de divulgación científica emitido durante o ano 2016, e o premio dotado con catro mil euros, foi ao titulado “El café cuántico 6: sobre primates, ratones y feromonas” de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio.

* Premio Especial do Xurado
Concedeuse o Prisma Especial do Xurado, e o premio dotado con catro mil euros, a Jorge Mira Pérez. Destácase a súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da mocidade e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos, sacando o coñecemento científico á rúa.