Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os traballos presentados estarán dirixidos ao público en xeral e versarán sobre calquera tema en relación coas ciencias, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

XXX convocatoria: ata o 31 de XULLO
(ata o 30 de xuño para a modalidade de Libro editado)

A XXIX convocatoria dos Premios Prismas está PECHADA e RESOLTA.
>> Consulta o veredicto do Xurado

Cada candidatura irá acompañada dunha ficha de participación debidamente cuberta e asinada, cumprindo as condicións detalladas nas bases xerais e nas bases específicas de cada modalidade.

Enviaranse antes do 31 de xullo, ás 12:00 (na modalidade Libro editado, antes do 30 de xuño, ás 12:00), a:

XXX Convocatoria Prismas á Divulgación.
Casa das Ciencias.
Parque de Santa Margarita, s/n.
15005 A Coruña. España.

Descarga as bases da XXX convocatoria
(PDF, 1.3 MB)
Este documento contén as:
—Bases xerais
—Bases específicas de cada modalidade
—Fichas de participación


Dotación dos premios:
Vídeo: Prisma de Bronce + 4.000 euros
Web/redes sociais: Prisma de Bronce + 4.000 euros
Texto inédito: Prisma de Bronce + 4.000 euros
Artigo xornalístico: Prisma de Bronce + 4.000 euros
Radio: Prisma de Bronce + 4.000 euros
Libro editado: Prisma de Bronce para a editorial
Premio Especial do Xurado: Prisma de Bronce + 4.000 euros




30 XUÑ 2017, 12.00 h | Fin do prazo de presentación da modalidade Libro editado

31 XUL 2017, 12.00 h | Fin do prazo de presentación do resto de candidaturas

18 NOV 2017
Acto de entrega de premios
(Concello da Coruña)

MÁIS INFORMACIÓN:
Tel: +34 981 189 846
Fax: +34 981 189 847 premios@casaciencias.org