La Casa de las Ciencias cierra hoy debido al temporal. El acceso al Parque de Santa Margarita está cortado. Avisos en Twitter
  • GALEGO
  • ESPAÑOL
  •           
  • INICIO
  • |
  • Sobre mc2
  • |
  • AXUDA
  • |
  • CONTACTO
  • |
  • SALA DE PRENSA
  • |
  • ARQUIVO
  • |
  • RSS
  •     



    Séguenos en:
    Facebook | participa
    Twitter | avisos
    YouTube | vídeos
    Flickr | fotos
    Podcast | charlas
    Webcams | 24h





      Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
      Faite amigo!




    Atapuerca
    "Arco da Vella da evolución humana" (acuarelas)
    Capturando o invisible
    As técnicas da fotografía científica.
    Eureka!
    Creatividade
    na ciencia
    e na túa vida cotiá.
    O asombro de Mr. Darwin
    A sorpresa da evolución.
    Fotógrafos da Naturaleza
    Retrato da vida e a súa diversidade na Terra.
    Piratas no cómic
    XIV edición de "Viñetas desde o Atlántico".
    Palabras da Ciencia
    A ciencia que máis aparece na prensa.
    Mare Oceanum
    Ciencia e tecnoloxía da exploración submarina.
    Farmacuáticos
    Novos medicamentos que xurden do mar.
    Homínidos y homínidas
    Somos os humanos tan exclusivos coma cremos?






    CARTELEIRA:    Cine Domus   Planetario



    ACTIVIDADES

    :: máis en Axenda mc2...
    CC: Casaciencias | DM: Domus | AF: Acuario





    Programa · Semana da Ciencia 2011


    Entrada gratis nos tres museos7-13 Novembro

    Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae


    Todos os visitantes da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae terán acceso gratuito ás salas do tres museos e ás súas actividades, incluíndo as proxeccións de Cine 3D (Domus) e ás sesións de Planetario (Casa das Ciencias).

    >> Ver horarios

    Inauguración: Exposición de Acuarelas de Atapuercamartes 8

    Domus13:00


    "Atapuerca, Arco da Vella da evolución humana" é unha exposición de acuarelas do naturalista Fernando Fueyo na que están presentes de forma recorrente os lugares, os achados, a actividade humana e os animais e plantas que conviven coas escavacións arqueolóxicas dos xacementos da Serra de Atapuerca. Producida pola Fundación Atapuerca.

    Documental: "Del mito a la razón"mércores 9

    Domus18:00


    "Del mito a la razón" expón unha viaxe ao mundo das ideas que revolucionaron a nosa forma de entender e relacionarnos co universo que nos rodea. Escrito, dirixido e presentado por Rubén Lijó, convida a penetrarnos na ciencia como algo próximo e con repercusión directa no noso día a día.



    Na realización do documental contouse con colaboracións destacadas desde distintos centros:
    · European Organization for Nuclear Research (CERN)
    · Museo Elder de la Ciencia y la Tecnología de Las Palmas de Gran Canaria
    · Museo de la Ciencia y el Cosmos de La Laguna
    · Instituto de Astrofísica de Canarias

    Planetario en directo: "As estacións"mércores 9—venres 11

    Casa das Ciencias18:00


    Este programa de planetario combina a proxección de vídeo inmersivo e o simulador de estrelas e planetas para mostrar, desde unha perspectiva privilexiada, os mecanismos que rexen algúns ciclos da natureza, como a sucesión do día e a noite ou as estacións.

    Esta proxección é unha experiencia piloto dun novo tipo de programas de planetario que estarán dispoñibles a partir de xaneiro de 2012.

    Conferencia: "Química, Benefactora de la Humanidad"jueves 10

    Domus19:30


    Conferencia Impartida por Manuel-Luís Casalderrey García, con motivo do Ano Internacional da Química (AIQ) (2011). Nela móstranos como a química está presente en moitos aspectos do mundo que nos rodea, facilitando e até determinando a nosa vida.

    Documental: "En busca del primer europeo"venres 11—sábado 12

    DomusVenres, 20:30 | Sábado, 18:00


    Presentación do audiovisual gañador dun Prisma 2011.
    Un documental de Televisión Española e Turkana Films que relata a historia da chegada da especie humana ao continente europeo. A través dun formato rigoroso e entretido, con humor e aventura, ilustra a historia da evolución humana e os descubrimentos das escavacións de Atapuerca.

    Conferencia da Dra. Margarita Salassábado 12

    Domus11:00


    A Dra. Margarita Salas, (Profesora Ad Honorem no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa) galardoada co Prisma Especial do Xurado, imparte a conferencia "De la biología molecular a la biomedicina".

    Séguenos e Participa


    Subscríbete á lista de correo para recibir as Novidades dos Museos Científicos Coruñeses









    © Museos Científicos Coruñeses, 2011 | Comentarios e suxestións